Share
06/08/2026 - 18:30h | Campo da Feira | Carral

Dance Join

  • Un espectáculo de danza de Marta Alonso Tejada Cía

Dance Join
Cultura no Camiño

Dance Join é unha proposta innovadora e interactiva que fusiona danza, clown e música, ideal para ser presentada en espazos non convencionais, salas, prazas, parques ou festivais de rúa. Un espectáculo que disolve as fronteiras entre artistas e espectadores, invitando ao público a formar parte activa dunha experiencia compartida.

A través dunha estética impactante e un ritmo frenético, Dance Join cuestiona a velocidade na que vivimos, onde os tempos se aceleran e a fragmentación da realidade nos deshumaniza. A escenografía transforma espazos con creatividade, convertendo o escenario nunha pista de baile que se constrúe xunto ao público, e facendo da participación unha parte fundamental da trama.

Cun deseño visual e un enfoque performativo que atrae e desafía, Dance Join non só entretén, senón que tamén convida a reflexionar sobre o caos da sociedade moderna e as formas de liberación a través da danza. Un espectáculo onde todo se volve posible, desde o xogo á reflexión, pasando pola celebración colectiva.

 

FICHA ARTÍSTICA

Autoría: Marta Alonso Tejada

Dirección: Pablo Reboleiro e Marta Alonso Tejada

Escenografía e vestiario: Xabier Mújica de Osa y Mújica

Deseño sonoro: Mounqup

Deseño iluminación: Ángel Sousa

Música: Varios artistas e Mounqup

Coreografía: Xián Martínes e Rut Balvís

En escena: Marta Alonso Tejada