26/05/2026 - 20:30h
| Filmoteca de Galicia
| A Coruña
Curtas Víctor Ruppen
VV.AA., 1975-1977
Materiais para unha historia do cine en Galicia
Curtametraxes producidas por Víctor Ruppen, recentemente restauradas e dixitalizadas pola Filmoteca de Galicia: Fendetestas, de Antonio F. Simón; Illa, de Carlos A. López Piñeiro; O herdeiro, de Miguel Gato; O cadaleito, de Enrique Baixeras; e O pai de Migueliño, de Miguel Castelo.