Share
03/05/2024 - 18:30h | Casa da Cultura Pintor Lloréns | Sada

CUBO

  • Espectáculo familiar a cargo de Elefante Elegante

CUBO
Rede galega de teatros e auditorios

C U B O é un espectáculo de teatro de movemento para público infantil e familiar. En escena, un cubo de 2 metros de lado onde habitan dous personaxes. Xogan, cantan, rin, pelexan e berran. Un día decátanse de que queren ir máis lonxe e descubrir o mundo enteiro. C U B O fala do confinamento, da amizade, das separacións e da aventura de medrar. 

Elenco:María Torres e Gonçalo Guerreiro.