25/02/2024 - 17:30h
| Auditorio Municipal Hernán Naval
| Ribadeo
CUBO
Espectáculo familiar a cargo de Elefante Elegante

Rede galega de teatros e auditorios
C U B O é un espectáculo de teatro de movemento para público infantil e familiar. En escena, un cubo de 2 metros de lado onde habitan dous personaxes. Xogan, cantan, rin, pelexan e berran. Un día decátanse de que queren ir máis lonxe e descubrir o mundo enteiro. C U B O fala do confinamento, da amizade, das separacións e da aventura de medrar.
Elenco:María Torres e Gonçalo Guerreiro.