Share
30/05/2026 - 19:30h | Teatro Coliseo Noela | Noia

Cualquier verdura

  • Espectáculo de novo circo a cargo de Pistacatro Productora de Soños

Cualquier verdura
Rede galega de música ao vivo

Todo está en equilibrio. O Home, ás veces non.

Como Rafael Dante.

O seu desequilibrio aseméllase ao de calquera outro.

Pero o seu equilibrio non.

Dun lado da balanza a técnica, a precisión, a concentración.

Do outro lado o disparate, a gargallada, o imprevisto.

A partes iguais, en equilibrio...

Como o humor co respecto.

Como o artista sobre os seus obxectos.

Como o noso ADN na súa estrutura,

ou como o de calquera verdura...