Share
20/08/2023 - 21:30h | Recinto das piscinas municipais | Castroverde

Crunch!

  • Espectáculo de novo circo a cargo de Muu

Crunch!
Cultura no Camiño

Onde están cando se lles necesita? É unha pregunta que estamos afeitos a facernos sobre os amigos, os políticos, a familia, etc..algunha vez eles faian pero os superheroes sempre estarán alí para coidarte. Dous superheroes que están dispostos a todo para axudar, aínda que as cousas non saian sempre como queren. Os seus problemas son os teus problemas, coa crise, a conciliación laboral e familiar faise difícil incluso para eles. No fondo todas somos superheroes.

Un espectáculo de novo circo, de vellos amigos, de clown, de malabares diarios para chegar a fin de mes, de saltos mortais, de golpes e caídas das que un aprende e sae adiante e sobre todo de risas que é o máis necesario. Ti non os ves, pero eles estante mirando.