Share
09/05/2025 - 21:00h | Salón Teatro | Lalín

Cortello de Amor

  • Espectáculo a cargo de Amorodio Teatro

Cortello de Amor
Rede galega de teatros e auditorios

Jack e Rose, unha parella que rolda a trintena e que levan xuntos desde a adolescencia, van a un concerto do seu grupo favorito, Grande Amore, nunha praza céntrica á beira do seu piso. Logo dunha festa memorable que paraliza a cidade pola afluencia masiva de público, os membros do grupo non conseguen arrincar a súa furgoneta. Rose e Jack, fans incondicionais, non o dubidan e deciden ofrecerlles a súa casa para pasar a noite, e durmir eles dúas no faiado. 

Durante esa noite no rocho, descobren que a súa paixón reavívase neste pequeno espazo. Encantados coas marabillas do faiado, teñen a idea de sacar un diñeiro extra alugando a turistas o seu céntrico apartamento na zona vella dunha singular cidade galega, mentres eles aproveitan para pasar tempo no faiado, ao que chaman "niño de amor", reconectando como parella. 

Todo vai como unha seda mentres os nosos protagonistas acumulan diñeiro e soños de futuro, pero a todo porco chégalle o seu San Martiño: co fin do verán os ingresos baixan, a falta de espazo persoal ameaza con dinamitar a súa relación, a súa veciña anciá, dona Virtudes (que apreciaa moito o silencio, e ten algúns problemas de paranoia) parece disposta a facerlles a vida imposible, e o negocio de turismo porcino (un resort de natación con porcos nas Rías Altas) no que Jack investiu o diñeiro gañado, anúnciase un fracaso absoluto. 

 Jack e Rose veranse, entón, abocados a tratar de non afogar nun naufraxio que eles mesmos causaron. Terán que enfrontarse ao feito de que o seu niño de amor é unha cuadra, e todo o que fixeron, probablemente, unha merda.