Cortando fíos
Espectáculo de música a cargo de Tanto nos ten

Tanto nos ten é un grupo de música da Galiza que emprega no seu repertorio músicas e letras propias e do saber popular, retranqueiras, de escarnio e comprometidas co país e que, xunto ós pasodobres, muiñeiras, foliadas, rumbas e outros ritmos bailables, conforman o que denominamos, música tradicional furtiva coa que tratan de interactuar coa xente, e converter nunha festa cada unha das súas intervencións, tanto de rúa coma de palco.
Este traballo foi publicado no ano 2019 cun total de 14 temas e coa intervención, como integrantes de TNT, de: Natalia Gómez, Alberto Sánchez, Adrián Lareo, Manuel Cruces, Josinho da Teixeira e Yoli Neira. Califican o xénero que practican como “música tradicional furtiva” e son auténtico detonante da festa alí onde tocan e cantan. O traballo Cortando Fíos pretende ser un apoio a todxs aquelxs represaliadxs polo seu xeito de expresividade cultural, que deixa en evidencia a realidade na que vivimos.