Contos vellos, novos finais
Espectáculo de narración oral a cargo de Caxoto

Baixo o paraugas dun mesmo espectáculo "Contos vellos novos finais" ofertamos tres espectáculos diferentes segundo os contidos que se queiran abordar. Cada proposta ten unha persoaxe, unha trama e unha proposta escénica diferentes. Sempre dende o bo humor, a narración oral e a educación en valores.
- Médico: Un médico ven a diagnosticar o sexismo. Traballamos contidos relativos á igualdade laboral (teito de cristal, brecha salarial, reparto laboral segundo o sexo, ...)
- Chico da limpeza: Este chico da limpeza aproveita os seus descansos para ler libros nas bibliotecas. Abordamos a presenza dos estereotipos na literatura infantil tradicional e na literatura en xeral.
- Cociñeiro: Un cociñeiro conta da súa experiencia nas tarefas do fogar. Tratamos nesta función aspectos relativos á coeducación, corresponsabilidade e conciliación familiar.