Share
19/07/2025 - 20:00h | Praia fluvial de San Clodio | Ribas de Sil

Contos vellos novos finais

  • Espectáculo de teatro a cargo de Caxoto

Contos vellos novos finais
Cultura no Camiño

CONTOS VELLOS NOVOS FINAIS (Contos de igualdade)

Dende que Caxoto comezou a contar contos alá polo 2005, a educación en valores en xeral e a igualdade de xénero en concreto, foi sempre un eixe transversal na elección do seu repertorio. Ese repertorio foi medrando e hoxe en día Caxoto conta cun amplo abano de historias e reflexións arredor da igualdade entre homes e mulleres: Os estereotipos, a coeducación, os tipos de violencia, a diversidade sexual ...