Share
26/07/2024 - 20:00h | Anfiteatro da Praia Fluvial de San Clodio | Ribas de Sil

Contos a pe de rúa

  • Espectáculo de Teatro a cargo de Caxoto

Contos a pe de rúa
Cultura no Camiño

De todos os espectáculos de contos que Caxoto nos trae este é o que mellor se adapta a espazos exteriores (prazas, parques, campeiros, ...) Nel un barrendeiro fai unha entrada inesperada e ante un público expectante decídese a contar algún dos contos que le mentres limpa nas bibliotecas e os colexios municipais. Algunhas veces contos de medo, outras contos cheos de fantasía, contos tradicionais, ... todo misturado con xogos, cantigas, ... un plan perfecto para escoitar sentados co cu no chan e os pés coma os indios.