Contos para facer o indio
Espectáculo de Teatro a cargo de Ni Fu Ni Fa Animación

Soni Quete irrompe no auditorio sobre o seu monociclo salvaxe ata que desaparece e escoitase un estrondo debido o trompazo que leva. Isto fai saír a india L.A.S.I. (Lúa Anterior o Solsticio de Inverno) do seu tipi que o descubrir a público interfire con el interpretando uns cánticos guerreiros. Soni reaparece entre o público disparando ante tal ameaza, cunha orixinal escopeta (unha chapata de … PAN, PAN … PAAAAAAN).
O chegar o escenario esta chapata soa como unha frauta e despois como unha armónica, pero o mellor que se pode facer cun anaco de PAN esta claro que é meterlle un pouco de chourizo dentro, importante ingrediente do que Soni casualmente non dispón y LASI como boas india Atacapa presume dabondo dicindo aquilo de:
“ Somos os indios os indios Atacapa …
Ahia, Ahia, Ahia, Ahia, Ahia, Ahhh.
… o que mais nos gusta e o chourizo no bocata
Ahia, Ahia, Ahia, Ahia, Ahia.”
Ante tal provocación xurde a controversia e ambos marcarán o seu territorio buscando a complicidade co público mediante distintas cancións e rituais salvaxes, para o final descubrir grazas a algún que outro conto e lenda india, que tendo os ingredientes perfectos para tomar unha boa merenda, o único que falla e unha boa compañía para poder sentarse a comer xuntos e compartir ideas e moitas diversións.