Share
23/07/2023 - 22:00h | Anfiteatro da praia fluvial de San Clodio | Ribas de Sil

Contos para caghar patatillas

  • Espectáculo de teatro a cargo de Brais das Hortas

Contos para caghar patatillas
Cultura no Camiño

Quen ten cu, ten medo. Iso non é malo : é normal. Valente non é quen non ten medo, senón quen é capaz de enfrontar o seu propio medo. Diso falan estes contos, cheos de música, de humor, de efectos especiais, de participación do público, baile, construción de instrumentos de refugallo e moito máis. Historias que falan de pedras que se converten en xigantes, un romance galego que canta a aposta de dous amigos nun cemiterio, un león e unha elefanta no medio da noite na sabana africana, unha nena que escoita por vez primeira a tormenta... Historias que saen dunha vella maleta escondida no faiado nunha noite de inverno.