20/06/2026 - 12:00h
| Biblioteca Municipal
| Neda
Contos en lila
Un espectáculo de narración oral a cargo de Cris de Caldas
Cultura no Camiño
Das caixas máxicas dos contos saen carapuchiñas que non saben o seu conto, dragóns que parecen galos de curral, traballadoras en folga, princesas de pernas tortas e un neno que chora e provoca unha revolución. Precisamos un mundo que siga a ser azul pero cunha visión lila. Un mundo mellor, máis igualitario e xusto. Con princesas valentes, nenos con dereito a chorar e mulleres donas das súas decisións.
Por un mundo máis lila, por un mundo mellor, por un mundo máis igualitario e xusto, o que fan falta son contos de cor lila. Con princesas valentes, nenos con dereito a chorar e mulleres donas das súas decisións.