Share
12/07/2024 - 11:00h | CEIP Pío Cabanillas Gallas | Dozón

Contos debuxados, debuxos contados

  • Espectáculo de Teatro a cargo de Caxoto

Contos debuxados, debuxos contados
Cultura no Camiño

O ilustrador MAR TAEGER e o contador de contos CAXOTO executan este man a man escénico nun perigoso experimento que non foi autorizado por ningunha autoridade competente. Dun lado a picaresca, o trazo conciso e a fantasía visual de Marc e doutro lado a retranca, a voz firme e o maxín bule bule de Caxoto. E por se iso fose pouco, nun triplo salto mortal a esta mistura engadímoslle a participación imprevisible do público... Que temos como resultado? Pois un espectáculo cheo de vitalidade, situacións esperpénticas, personaxes inesquecibles, creatividade desbordada, algunha que outra liorta escénica e moita, moitísima diversión.