Share
23/08/2026 - 19:30h | Paseo do Malecón | Sarria

Contos de trasnos e meigallos

  • Espectáculo de teatro, monicreques e maxia a cargo de Negro López

Contos de trasnos e meigallos
Cultura no Camiño

Coñeces os trasnos que habitan na nosa terra? O trasno Busgoso, cos seus pezuños e cornos de chivo, larpeiro e burlón. O Burleiro, un grandísimo transformista, capaz de adoptar forma de cabalo, becerro ou burra. Os Meniñeiros, cativos e invisibles, coa misión de facer rir ós bebés... Este espectáculo inclúe manipulación de obxectos, maxia e participación do público.