03/03/2024 - 20:00h
| Auditorio Municipal Hernán Naval
| Ribadeo
Contos de contrabando
Espectáculo de teatro a cargo de Avelino González

Rede galega de teatros e auditorios
Cóntase a historia de amor entre dous contrabandistas, el galego e ela portuguesa.
A súa relación de amor desenvólvese á par da súa vida profesional. Adícanse ós dous a unha actividade comercial sen licencia fiscal, e viven as súas vidas persoais como calquera outra persoa, e tamén sen as licencias administrativas correspondentes. Isto provoca interferencias que poñen en perigo a relación.
E así saltando fronteiras e saltando trámites administrativos e aprendendo linguas e linguaxes segundo fose preciso, tentan consumar a súa relación... se o consiguen ou non sábese no final.