Share
09/08/2026 - 20:00h | Praza Rúa Lago | Quiroga

Conto-concerto - A banda do verán

  • Espectáculo musical e teatral a cargo de A banda do verán

Conto-concerto - A banda do verán
Cultura no Camiño

Quen non pensou algunha vez de pequeno na posibilidade de montar unha banda de música? O artista Xoán Curiel protagoniza este espectáculo musical e de contacontos. Partindo do relato de como comezou a coñecer e conectar coa música, as nenas e nenos acompáñano nesta aventura mentres o espectáculo vaise transformando nun concerto.

Estilos musicais variados como o pop, rock, tradicional, reggae ou funky atópanse nesta experiencia participativa e refrescante que fai espertar a imaxinación e as ganas de abrir as orellas e as mentes.

Este espectáculo musical e teatral da Banda do Verán baséase no libro-disco editado por Galaxia Estamos no verán!!!