Share
22/06/2024 - 18:00h | Refuxio de Pescadores de Cobas | Negreira

Conto-concerto

  • Espectáculo de Música a cargo da banda do verán

Conto-concerto
Cultura no Camiño

Este espectáculo musical e teatral da Banda do Verán baséase no libro-disco editado por Galaxia Estamos no verán!!!

Quen non pensou algunha vez de pequeno na posibilidade de montar unha banda de música?

O artista Xoán Curiel protagoniza este show. Partindo do relato de como comezou a coñecer e conectar ca música, as nenas e nenos o acompañan nesta aventura mentres o espectáculo vaise transformando nun concerto.

Estilos musicais variados como o pop, rock, tradicional, reggae ou funky atópanse nesta experiencia participativa e refrescante que fai espertar a imaxinación e as ganas de abrir as orellas e as mentes.