12/07/2026 - 20:00h
| Barrio de San Benito
| O Porriño
Consertasso na horta
Concerto infantil a cargo de Brais das Hortas
Cultura no Camiño
Hoxe na horta de Brais das Hortas hai concerto. Mellor dito: Consertasso! Todo da casa! Grelos e temassos, cun equilibrio variado de formas e estilos - como debe ser nun ecosistema musical diverso e saudable! Música e humor para toda a familia. Letras e arranxos coidados para sementar e apañar risas e ganas de cantar xuntas.