Share
27/08/2026 - 20:15h | Piscina Municipal | O Pino

Consertasso na horta 

  • Concerto infantil a cargo de Brais das Hortas

Consertasso na horta 

Hoxe na horta de Brais das Hortas hai concerto. Mellor dito: Consertasso! Todo da casa! Grelos e temassos, cun equilibrio variado de formas e estilos - como debe ser nun ecosistema musical diverso e saudable! Música e humor para toda a familia. Letras e arranxos coidados para sementar e apañar risas e ganas de cantar xuntas.