Consertasso na horta
Espectáculo de teatro a cargo de Brais das Hortas

Hoxe na horta de Brais das Hortas hai concerto. Mellor dito: Consertasso! Todo da casa!
Grelos e temassos, cun equilibrio variado de formas e estilos - como debe ser nun ecosistema musical diverso e saudable! A Santa Compaña aparécese entre as patacas cantando un trap. Hai unha pulga punk da praia de Liméns. As cabras tiran para o monte e os caracois reivindican o seu ritmo: o reggae. Entre as cenorias, os lagartos toman o sol ao son dun tumbao-é o propio!- e os kiwis non paran de brotar bailando ska. Tamén hai sitio para os soños, coma o de ser astronauta, ou para pedirlle axuda ás veciñas para botarlle o sulfato as viñas. E máis temassos entre guitarrazos, charangazos e un lote de instrumentazos máis.
Música e humor para toda a familia.
Letras e arranxos coidados para sementar e apañar risas e ganas de cantar xuntas.