16/03/2024 - 18:00h
| Centro Cultural e Xuvenil
| Muros
Confi, o golfiño Manoliño
Espectáculo teatral infantil a cargo da compañía A Xanela do Maxín

Rede galega de teatros e auditorios
Coa misión de difundir a defensa do medio ambiente, CONFI é un espectáculo de teatro documento que narra os feitos reais da loita pola supervivencia de Manoliño.
Baséase na historia do golfiño que frecuenta as praias da ría de Muros e Noia. As persoas que vexan este espectáculo poderán implicarse emocionalmente e comprender a dura realidade á que se enfrontan Manoliño e as súas congéneres mariños para sobrevivir.
Ao centrarse na conservación e o medio ambiente, CONFI brinda a oportunidade de aumentar a concienciación e marcar a diferenza.