Share
01/10/2026 - 18:30h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

Conferencia sobre Warren Sonbert

  • por Francisco Algarín

Conferencia sobre Warren Sonbert
Ponte aérea: o cine de Warren Sonbert

Con motivo da publicación do seu primeiro libro Puente aéreo. Escritos de Warren Sonbert, Francisco Algarín Navarro percorre nunha conferencia ilustrada as múltiples facetas de Warren Sonbert: teórico da montaxe, crítico de ópera, guionista, comentarista cinematográfico e viaxante infatigable. Mostraranse materiais inéditos do seu arquivo e proxectarase Divided Loyalties, unha das obras máis representativas da súa montaxe aberta e asociativa.