Share
19/07/2025 - 21:00h | Escolas Vellas | Xunqueira de Ambía

Concerto singular

  • Píscore

Concerto Singular
Cultura no Camiño

Píscore son catro prestixiosos músicos fronte a un grande conflito: 16 baquetas e unha soa marimba. Catro músicos dispostos a facela soar do xeito máis orixinal e abraiante. Organizarse xa non vai ser tan doado. 

Píscore achéganos a mellor música e moito humor para un concerto singular nunha proposta que se encadra na liña dos grandes espectáculos que mesturan o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia xestual. Un espectáculo de vocación universal que fará rir e gozar ao público de todas as idades  apelando ao máis clásico do humor e do sketch musical.

Premio do público de Festiclown 2018.

Espectáculo mellor valorado nos Domingos Principal 2018.