Concerto de Martins Aneiros Band
Concerto a cargo de Martins Aneiros Band

Tras un par de anos de proxecto conxunto sobre os escenarios, a banda xurdida da unión da guitarra de Víctor Aneiros e a voz de Paula Martíns lanza o seu primeiro álbum baixo o título de "RAIN".
O primeiro traballo de estudo da Martíns Aneiros Band é unha viaxe a través do blues, o soul e o rock no que temas como o popular "Blues is my business" de Etta James ou "I can´t do that" do compositor chicagüense Mike Wheeler maxistralmente versioneados e ensamblados con outros orixinais como "Rain", o single que ademais dá nome ao disco, ou "Healthy lifestyle".
A Martíns Aneiros Band xorde da unión de Paula Martíns quen foi vocalista da Big Bottom Band e o gutarrista Víctor Aneiros, cunha longa traxectoria ás súas costas e oito discos publicados ao seu nome. No 2019 Martíns acudiócomo convidada de Aneiros nos seus actaciones no Fisterra Blues Experience e o Discalzos polo Festival, por mor destas colaboracións sentaron as bases da Martíns Aneiros Band. Non obstante a vocalista xa colaborara co guitarrista, cantando unha versión de "Unha noite na eira do trigo", himno da emigración galega, na gravación de "Heroe Secreto" (2008).