Share
14/08/2024 - 23:00h | Ermida de San Bartolomeu | Santa Comba

Concerto de Blues do País e o Sindicato da Verbena

  • Espectáculo de Música a cargo de Blues do País

Concerto de Blues do País e o Sindicato da Verbena
Cultura no Camiño

Blues do País somos Bieitta James, a grande Diva Rural (Iseo Agilda) e Pepe King, o Bluesmanciño que a acompaña (Brais das Hortas).

Xuntos versionamos clásicos do Blues, Soul, Rhythm’n’Blues... e adaptámolos á idiosincrasia e retranca galegas. E dá gusto! Si, señora! Blues en galego! Otis Redding no peirao da Coruña, ou Etta James mariscando en Cabo da Crus, B.B. King nun furancho en Redondela ou Eric Clapton lendo a Castelao...

Todo iso é posible con Blues do País.