Share
20/07/2025 - 19:00h | Carballeira de Parga | Guitiriz

Concerto

  • Espectáculo de música a cargo de A Banda da Balbina

Concerto
Cultura no Camiño

A Balbina canta e conta historias. Historias que son nosas e comúns nas 4 provincias de Galicia. Dende o inicio mantén unha proposta clara: música e letras orixinais 100% en lingua galega. Creación que mistura ritmos festeiros e unha retranca propia do país ca musicalidade da língua galega. Historias que nacen no rural, de personaxes extraordinariamente cotiáns. Historias que merecen ser contadas e musicalizadas. 

En tódolos traballos está moi presente a temática da Muller como fío conductor de tódalas historias, incorporando temas tan importantes como a muller no rural na “Estomballada”, incluíndo estereotipos sociais como “Balbina a bailadora” ou “A Conacheira”. Atrevéndose mesmo a musicar a poesía do referente por excelencia da muller galega, Rosalía De Castro “Cantar cantei”, co que alcanzan un novo premio, Premio Cantalingua 2013, ou tratando personaxes mítico-históricos como a bandoleira “Pepa a Loba”. Sempre tratando o papel feminino na sociedade galega con carácter distendido, insuflando un toque pícaro-humorístico e unha gran dose de retranca. Ó longo deste tempo aumentamos a familia, xa que fomos sumando festeiros e festeiras alá por onde íamos. O resumo de todo é que a Balbina ama a súa xente e a súa xente bótaa de menos. A Banda da Balbina fai música porque lle sae e lle presta, con ese sentido do humor, e os ritmos que nos definen, música para o noso gusto e desfrute, e si ademais facemos que ti o goces e o desfrutes tamén...