Share
03/08/2025 - 15:30h | Vilar de Donas, Palas de Rei | Palas de Rei

Concerto

  • Espectáculo de música a cargo dos Barrios

Concerto
Cultura no Camiño

O grupo de gaitas Os Barrios é unha formación musical fundada en 1894 por José Argiz na parroquia de Muradelle, Chantada. É considerada a banda de gaitas máis antiga de Galicia en activo. Ao longo da súa historia mantiveron viva a tradición musical galega, participando en numerosas foliadas, romarías e eventos culturais. Grazas a súa extensa traxectoria, conta cun amplo repertorio propio.