Share
16/07/2023 - 00:30h | Praza do Concello | Pantón

Concerto

  • Espectáculo de música a cargo de Andhrea & the Black Cats

Concerto
Cultura no Camiño

Andhrea and the Black Cats é unha banda de blues clásico formada en Santiago de Compostela, composta por Ramón Figueira "Figui" (armónicas), Andhrea Verdú (voz) e Benjamín Vázquez (guitarra). Dende a súa creación veñen interpretando temas do blues máis tradicional aderezados co seu particular estilo. O repertorio de Andhrea & the Black Cats supón un percorrido na historia do blues, unha viaxe na que se traslada ó público a outra época a través das historias narradas no sou momento polos autores máis clásicos cun trasfondo, na maioría dos casos, vixente aínda hoxe en día. Veñen de publicar recentemente o seu primeiro traballo de estudio, "New Roads", 10 cortes que resumen o que son Andhrea and the Black Cats e e camiño feito dende o seu nacemento. Entre o seu percorrido profesional ,podemos destacar que foron os gañadores do VI concurso de la Societat de Blues de Barcelona. Tocaron por salas relevantes de Barcelona como é o Campari Milano, ademáis de festivais nacionais como o Festival de Blues de Benicassim, o Outono Codax ou o Vilablues.