Share
09/07/2025 - 21:30h | Alameda de Raxoi | Pontedeume

Con lingua propia

  • Peter Punk Pallaso

Peter Punk
Cultura no Camiño

Peter Punk mostra neste espectáculo con moito orgullo (e literalmente) a súa lingua propia.

Durante uns trepidantes 60 minutos, o pallaso máis irreverente da escena galega, combinará as máis variadas técnicas circenses con xogos de palabras para poñer a lingua en escena e o público en acción!

Un espectáculo cheo de humor, trabalinguas, xogos e malabares, no cal a comicidade se mestura coa habilidade na procura da gargallada do público.

Peter Punk traballou acompañado do filólogo Brais Gutiérrez para presentar este espectáculo, que xira arredor da nosa lingua, construíndo así un referente para o público miúdo dende a comedia.