17/08/2025 - 18:30h
| San Nicolás
| Guitiriz
Con ciencias Malabar
Espectáculo de novo circo a cargo de Fraga dos Mouros

Cultura no Camiño
Ensaio e erro, a ciencia é asumir a ignorancia. Unha proposta sobre o método científico onde só a experiencia dá o saber, nunha viaxe infinita cara o horizonte da sabedoría. Con xogos pedagóxicos coa participación do público.
Un profesor de ciencias algo torpe e despistado nun desafío constante contra a gravidade, constrúe un universo a través dos lanzamentos dos malabares, onde as matemáticas dixitan as leis do movemento.
Un espectáculo didáctico en torno á arte dos malabares nunha aventura educativa, porque:
“Ter vontade de aprender é o elixir da eterna xuventude”.