Share
07/08/2024 - 20:00h | Paseo do Malecón | Sarria

Con ciencia Malabar

  • Espectáculo de Novo circo a cargo de Fraga dos Mouros

Con ciencia Malabar
Cultura no Camiño

Un profesor de ciencias algo torpe e despistado nun desafío constante contra a gravidade, deseña un microcosmos sideral a través dos lanzamentos dos malabares, onde as matemáticas prestidixitan as leis do movemento.  Con xogos pedagóxicos coa participación do público voluntario, no papel de alumnado espontáneo.



Ensaio e erro, a ciencia é asumir a ignorancia. Unha proposta sobre o método científico onde só a experiencia dá o saber, nunha viaxe infinita cara o horizonte da sabedoría.



Un espectáculo didáctico en torno á arte dos malabares nunha aventura educativa, porque:

_ “Ter vontade de aprender é o elixir da eterna xuventude"