Share
13/08/2026 - 20:00h | Martín | O Rosal

Comisión de festas

  • Un espectáculo de música e teatro a cargo de Brais das Hortas

Comisión de festas
Cultura no Camiño

Brais das Hortas ten un plan: armar a festa.

Pero non o pode facer só. Precisa unha comisión de festas.

Neste novo espectáculo que mistura música, clown e teatro, Brais das Hortas transformará o escenario nun torreiro en festas coa axuda do público que será a súa Comisión de festas.

A música, o baile e a risa coa continua interacción co público irá transformando pouco a pouco o escenario nun campo da festa.

O publicasso será un sacho, un capacho e un chimpín. Fará beatbox aínda que non teña nin idea e mesmo creará unha canción en vivo. Cantará, fará coreografías e moito máis.

E aínda hai máis!

Unha galiña cantando con autotune en Tarde piaches, un arriscado selfie ao lado dun pastor eléctrico que acaba cun Calambrasso no braso, un baile orgulloso e diverso a peito aberto e peludo, moi peludo, en Peito Lobo...

Títulos coma Levanta a cabeza do teu selular, Baile do Carracho ou o country Ouriso Cacho.

Todo isto acontecerá nunha festa que non podes perder.

Vente a botar unha man na Comisión de festas, porque traballo sempre hai e unha axuda sempre fai falla. E cando o traballo se comparte, a festa sabe mellor, porque é a nosa, a que nós, coa nosa alegría e esforzo, fixemos para nós.

Disto vai Comisión de festas, de darnos conta de que, se nos xuntamos, podemos encher o mundo de alegría.