03/08/2024 - 20:00h
| Anfiteatro da Praia Fluvial de San Clodio
| Ribas de Sil
Cómica de lingua
Espectáculo de Teatro a cargo de Raquel Queizás

Cultura no Camiño
Unha cómica ambulante transita polo Camiño de Santiago, pode aparecer en calquera recuncho detrás dun biombo. Presenta o seu espectáculo con poesía e pandeireta, presumindo de lingua propia.
Ela é portadora da nosa rica tradición oral. Da súa boca abrollan ditos, trabalinguas, adiviñas, contos e lendas. Onde a amizade, o amor, o bo humor, o enxeño e a intriga dánse a man.
A cómica de lingua é unha peregrina máis. Tras atravesar varias pontes chega a unha pousada. Alí perde unha quenda. Para gañarse o sustento, comeza a función para os hóspedes que alí se atopan.
Unha única intérprete dará voz e corpo a todas as personaxes das súas historias.
A actuación, de súpeto, vese interrompida por un grallo. Asoma pola fiestra da pousada unha oca!!