09/03/2025 - 11:30h ~ 09/03/2025 - 13:00h
| Fórum Metropolitano
| A Coruña
Comenoites
Os Naúfragos

Rede Galega de Teatros e Auditorios
Comenoites baséase no conto infantil escrito e ilustrado por Ana Juan (Premio Nacional de Ilustración). Unha fermosa historia coa que os nenos e nenas descubrirán os misterios da existencia do día e da noite.
Comenoites é un trasgo barrigudo ao que lle encanta comer a noite para que o Sol poida raiar día tras día, traendo luz, calor e cor para todos.
Pero un día a Lúa dille que está moi gordo e Comenoites decide deixar de comer. Cal é o problema? Pois que, se Comenoites non come a noite, o frío e a escuridade reinarán para sempre na Terra e o Sol non volverá raiar nunca.
Volverá comer Comenoites algún día? Volverá raiar, daquela, o Sol?