02/11/2025 - 18:30h
| Auditorio Municipal Gustavo Freire
| Lugo
Coa cabeza nas nubes
Un espectáculo teatral de Cía. SÖA.

Rede galega de teatros e auditorios
Un espectáculo multidisciplinar que combina teatro físico, danza e clown para público familiar. En escena, dous personaxes conviven no mesmo espazo. Un deles, afogado polo traballo, tenta sobrevivir baixo unha morea de papeis. As tarefas non deixan de acumularse... non dá feito con todo o que hai que facer!
A súa compañeira, en vez de botarlle unha man, interrompe constantemente e só pensa en xogar. Será posible que non atope tempo para xogar con ela? Un pouquiño? Un instante sequera?
Entre ambos desátase unha divertida batalla chea de humor e acrobacias, onde se confrontan dúas visións da vida. Canto tempo lle adicamos ao traballo? E ao xogo?. Estamos traballando demasiado? Queda aínda tempo para xogar?