Share
28/11/2025 - 18:00h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

Cloud

  • Kiyoshi Kurosawa, 2024

Cloud
Kiyoshi Kurosawa: A vinganza da soidade

Kiyoshi Kurosawa regresou con esta historia ao thriller criminal, no que volve a partir da intersección entre o mundo dixital e o noso para abordar a violencia soterrada que impregna o día a día das persoas. ​Nela, un mozo que traballa revendendo obxectos a través de Internet, descobre que ás veces os actos poden ter consecuencias imprevistas... e letais.

Con Cloud, Kurosawa revisita algúns dos temas que o acompañaron ao longo da súa carreira. Nesta ocasión, sinala ao consumismo e ao materialismo como unha nova manifestación do egoísmo que causa o horror.