Share
23/02/2024 - 20:30h ~ 24/02/2024 - 20:30h | Cidade da Cultura de Galicia | Santiago de Compostela

CLÁSICAS DESFEITAS X e XI - Míticas pero secundarias

  • Unha coprodución do Centro Dramático Galego con Crémilo e Cidade da Cultura

Clásicas desfeitas

O díptico Míticas pero secundarias pecha o ciclo Clásicas desfeitas de 2024 indagando nalgúns dos nomes menos coñecidos dos clásicos gregos para traelos ao presente desde a ollada particular de Antón Reixa e Antela Cid. Polícrates, Ismene, Crisótemis e Políxena son a fonte de inspiración para os volumes 10 e 11 do ciclo, que veremos florecer de maneira independente pero complementaria nas Residencias Artísticas do Gaiás. 

A infeliz felicidade e o prezo do aceite, de Reixa, e Tres somos ti, de Cid, son as obras que compoñen este díptico.