Share
14/04/2026 - 18:00h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

Ciudad sin sueño

  • Guillermo Galoe, 2025

Ciudad sin sueño
Guillermo Galoe

Toni, un mozo xitano de 15 anos, vive no asentamento irregular máis grande de Europa, nos arredores de Madrid. Orgulloso de pertencer a unha familia de chatarreiros, segue o seu avó a todas as partes. Mais as derribas achéganse á súa parcela e o seu avó négase a marchar, sexa cal for o sacrificio. En escuras noites sen electricidade, mentres as lendas da súa infancia cobran vida, Toni debe elixir: enfrontarse a un futuro incerto ou aferrarse a un mundo que esvaece.