25/07/2026 - 22:00h
| Praza do Concello
| Ribeira
Cirqueiras
Espectáculo de novo circo a cargo de Artefeito
Cultura no Camiño
Espectáculo con diferentes números de danza, música e humor. Cirqueiras é unha incrible gala multidisciplinar con varias das mellores artistas galegas do momento. Aéreos, danza, música e humor a cargo dunha destacada selección de mulleres. Un elenco de artistas que ademais do seu bo facer transmiten unha potente mensaxe de apoderemento e sororidade.