Share
23/06/2025 - 21:00h | Campo da Torre | Caldas de Reis

Circo de lume

  • Espectáculo de novo circo a cargo de Compañia Asacocirco

Circo de lume
Cultura no Camiño

Unha experiencia explosiva e ardente de acción sen pausas! "Circo de Lume" está deseñado para captar toda a túa atención, darche calor e deixarche hipnotizado. Este show ofrece unha infinidade de números vibrantes que fusionan danza, malabares, pirotecnia, conexión próxima co público e unha faísca de humor impredicible. Cada acto brilla con efectos visuais asombrosos elevando a técnica de manipulación con lume á súa máxima expresión. Un show que leva a arte de lume a novas alturas e que desafía os límites do posible