Share
21/10/2025 - 20:30h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

Cine cego

  • Marta Azparren, 2023

Cine cego
Fóra de serie

A conferencia perfomativa Cine cego proponse como unha maneira de activar os materiais do ensaio do mesmo nome (Libros da resistencia, 2023) de Marta Azparren, que investiga a necesidade dunha interrupción visual, unha certa cegueira fronte á sobreexposición ás imaxes.

A partir dunha serie de proxeccións comentadas e accións, viáxase a través das catro cores/capítulos do libro: branco, negro, vermello, azul, como escusa para xerar unha reflexión sobre a mirada exhausta contemporánea, a cegueira física e simbólica e a necesidade dunha pausa que abra novas posibilidades de percepción.

Na parte final da charla activarase un fragmento da performance «Última imagen silencio», coa artista sonora Haize Lizarazu.