06/08/2023 - 15:00h
| Praza do Concello
| O Pino
Chulises e o Velocíclope
Espectáculo de teatro a cargo de Fantoches Baj

Cultura no Camiño
Espectáculo de rúa constituído por cabezudos motorizados de apariencia ambigua (poden verse como zapatos xigantes, cíclopes, automóbiles...). As múltiples posibilidades que ofrece a motorización dos cabezudos, manipulados por personaxes clownescas, fai que nos atopemos perante un espectáculo sorprendente, áxil e de grande interrelación co público.
Sinopse: Velocíclopes é un espectáculo conformado por varios sketchs, O propietario, Ser ou non ser e Os bos modais, onde a través da utilización dunha linguaxe plástica surrealista amósase o absurdo do comportamento humano en situacións propias da vida cotiá (a furia que aparece cando nos poñemos ao volante, o sentido da propiedade, a importancia de aparentar socialmente...).