Share
15/03/2024 - 20:30h | Casa da Cultura do Milladoiro | Ames

Chola a it Girl

  • Espectáculo de teatro a cargo de ArtesaCía

Chola a it Girl
Rede galega de teatros e auditorios

Chola, cansa de ver como a xente ofrece unha imaxe marabillosa e perfecta de si mesma nas redes sociais, decide mostrar a súa vida imperfecta, auténtica e rural, como? Pois cun show de empoderamento feminino, onde lle acompaña en todo momento o seu rectificado sidecar e o seu peculiar agroglamour.

Con exemplos prácticos e didácticos, mostrará os seus 10 tips para poder converterse nunha it girl Glocal,(mulleres que pensan localmente para actuar global) facéndonos reflexionar sobre quen somos, que nos gusta, que nos divirte... e sobre todo, saber recoñecer de onde vimos.