Share
26/02/2026 - 18:00h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

Children of the Beehive

  • Hiroshi Shimizu, 1948

Children of the Beehive
Hiroshi Shimizu – A arte de perderse

Un grupo de nenos sobrevive como pode no Xapón da posguerra a través do mercado negro. Cando se atopan cun soldado expatriado que vaga polo país, deciden unirse a el, co obxectivo de chegar a unha escola especial para orfos do conflito. O primeiro filme independente de Shimizu tras a súa marcha da Shochiku permitiulle facer unha fita de corte neorrealista na que non agocha ningunha das dificultadas que atravesaba a súa patria nesa altura. Particular road movie cunha sorprendente escena sobre as ruínas de Hiroshima, asentou unha liña de traballo con rapaces que se estendería durante moitos anos e ao longo de diversos filmes nos que as crianzas son protagonistas.

 

Foto ©KOKUSAI HOEI