03/05/2026 - 19:30h
| Centro Cultural Avenida
| A Rúa
Cherry Sweet
Un concerto de música swing
Rede galega de música ao vivo
CHERRY SWEET é unha banda de swing composta por tres vocalistas e tres instrumentistas que repasan sobre o escenario o repertorio clásico do xénero dun xeito divertido e contaxioso.
A formación, que comezou a súa andaina en 2015, é hoxe un referente deste estilo na escena galega, tendo participado en eventos como o Festival de Jazz de Noia, As noites brancas de Vigo, ou o Monforte Fusión.
Un concerto diferente que fai ao publico bailar e gozar desde o primeiro minuto.