12/12/2025 - 21:00h
| Centro Social de Abanqueiro
| Boiro
Chegar e encher
Espectáculo teatral a cargo de Inventi Teatro

Rede galega de teatros e auditorios
Chegar e encher é un canto ao fracaso, un divertido monólogo teatral de Bea Campos onde conviven a improvisación, a narración oral e o cabaré. Pasen e vexan… esta muller que está no escenario era unha nena adorable que tiña todo o que precisaba para ser feliz… pero que nalgún momento tomou decisións que a afastaron dese camiño para levala sobre as táboas dos escenario... Chegar e encher é unha ácida e divertida reflexión sobre a imposibilidade de controlar as nosas vidas e a dificultade de encaixar nos roles de xénero marcados.