Share
24/02/2024 - 12:00h | Auditorio Municipal Manuel María | O Carballiño

Chegados a este punto. Bebes

  • Espectáculo teatral infantil a cargo da Compañía de teatro O Titiribaile

Chegados a este punto. Bebes
Rede galega de teatros e auditorios

Unha moza chea de maxia, uns nenos cheos de ilusión, luares de soños, mil e unha historias que contar…

Así é como un día nace Ó Titiribaile. Era o verán de 2008 cando arrincaba este conto, un conto polo momento sen final.

Erica González Miguel, con moitas ganas por meterse de cheo no mundo do teatro, a fantasía e os contos decide montar esta compañía. Nese momento pon a toda a súa familia a axudala. Así é como ao pouco empeza a crearse esta empresa e é entón cando Erica dáse conta que os soños, poden facerse realidade.

A idea do nome xorde dun xogo que o seu avó materno facíalles de pequenos: Collían a mapoula antes de florecer e dicían: monxa, frade ó titiribaile! e os nenos debían de acertar a cor que ía saír sendo estes vermello, branco ou rosa.

Esta pequena compañía na actualidade conta con varios guións e con material técnico suficiente para espectáculos de pequeno formato.

Unha compañía que traballa “á carta” ofrecendo desde marionetas, contacontos, performance, talleres, teatro educativo, teatro de sala e todo aquilo que se lle expoña.

Cando tes ganas de que algo funcione basta con poñerlle un pouco de esforzo e imaxinación e vir á cabeza miles de ideas, o resto vén dado por ese apoio co que sempre contei ao redor meu de familia, amigos e marionetas