Share
31/07/2026 - 21:00h | Parque do Espiñeiro. Portonovo | Sanxenxo

C´est pas Possible

  • Espectáculo de novo circo a cargo da compañía Sempre Arriba

C´est pas Possible
Cultura no Camiño

Un espectáculo en clave de clown que convida a ver que si é posible saír da rutina.

Por diante un día máis de traballo, e baixo a súa responsabilidade, que todo estea listo para o inicio da función.

Afeita a traballar na sombra, a técnica e rigger é a encargada de montar o pórtico de aéreos e preparalo todo para que a Grande Artista brille na escena.

Responsable, disciplinada, eficaz e profesional pon o mellor de si cada día. Pero hoxe a súa rutina será alterada pola mirada do público, espertando o seu lado torpe e fantasioso, e levándoa a facer o que ela cría coma imposible.

Unha viaxe cara o reencontro cun mesmo e ó pracer de vivir e compartir

C´est pas Possible é un SI é Posible

Usando o clown como linguaxe, e en comunicación directa co público, neste espectáculo pónse de manifiesto a dualidade que moitos vivimos por dentro, temos aprendido a ser eficaces, a cumprir prazos e expectativas, e esquecemos deixarnos ser e disfrutar.

Un espectáculo para todos os públicos que combina o clown con acrobacia aérea, e que nos convida a empaparnos das emocións que esta personaxe vive en escena.

Elenco: Marta Iglesias